Viaxe para apoiar ao Rio Natura Monbus Obradoiro fronte ao Movistar Estudantes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

O Rio Natura Monbus Obradoiro organiza este fin de semana para os seus afeccionados unha viaxe a Madrid en colaboración con Monbus, membro do Club de Empresas Obradoiro. Así, os afeccionados poderán asistir ao encontro ante o Movistar Estudantes (domingo, 18.30 horas – non televisado).

O prezo de viaxe e entrada será de 19 euros para peñistas, 25 para abonados e 29 para afeccionados non abonados. A saída está programada para as 8.00 horas da mañá do domingo desde o Multiusos Fontes do Sar, con volta ao acabar o encontro. Ademais, quen goce do pack de viaxe terá de agasallo unha invitación para o partido dos obradoiristas fronte ao Unicaja no Fontes do Sar. 

Os que xa teñan transporte para ir pola súa conta a animar ao equipo no encontro que abre a recta final do campionato, poden tamén comprar unicamente a súa entrada, cun prezo de 10 euros.

Os interesados poderán anotarse durante a semana ata o venres 24 ás 14.00 horas nas oficinas do club, con horario de luns a venres de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas. Tamén poderán facelo mediante transferencia bancaria á conta É92-2080-0375-1130-4001-6453 e enviando o xustificante da operación xunto con nome, apelidos, e número de abonado de ser o caso, ao correo abonados@obradoirocab.com.

20 de abril de 2015 | 19:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.