publicidade hoxe

Verín acolle un concerto de Música Solidaria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

Mañá sábado 25 de abril, ás 17 horas, a Igrexia Parroquial de Verín acollerá o Concerto de Música Solidaria a prol de Cáritas Verín. O mesmo organizado polo Conservatorio Elemental de Música de Verín, coa colaboración da Fundación Caja Rural de Zamora, ten como obxectivo recadar fondos en favor de Cáritas Verín, a través da adquisición dunha entrada para acceder a este concerto cun prezo simbólico dun euro -que se pode adquirir na propia Igrexa Parroquial desde as 16.30 horas da mesma xornada ou previamente nas igrexas Parroquial e Mercé e en mesas situadas en rúas da localidade-; así como a colocación dunha urna no interior do recinto para efectuar doazóns.

Durante o concerto os/as músicos participantes interpretarán temas populares e clásicos como Spring Song, Sueño, Minuett, Gavotte en Sol Maior, Mélodie, Carol from Five Bagatelles, Allegro con spirito (Concerto de Aranjuez), Rondó, Oblivion, Fantasía Eslava, Zampa, Eine reise in’s gluck ou Tijuana Taxi. Todos eles pertencentes a autores como Robert Schumann,Gerald Finzi, Wolfgang Amadeus Mozart, Willis Coggins, Gabriel Fauré, Joaquín Rodrigo, Astor Piazzolla, Carl Höhne ou Bud Coleman, entre outros.

Na anterior edición o recaudado foi tamén destinado a Cáritas Verín, mentres que nas anteriores a outras entidades como Save the Children -nos anos 2010 e 2011- e no 2013 para Unicef.

24 de abril de 2015 | 17:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.