publicidade hoxe

Variedade teatral na proposta cultural da fin de semana en Cerdedo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdedo
A-
A+

Este sábado 11 de abril ás 19.30 horas no Centro Cultural de Cerdedo os alumnos da escola municipal de teatro representarán 2 obras, por unha banda “A verdadeira historia da Princesa Blancanieves” a cargo do grupo infantil e por outro “O enfermo imaxinario” a cargo do grupo xuvenil. A entrada é totalmente gratuíta a estas obras representadas polos propios veciños de Cerdedo.

ITV agrícola

Igualmente infórmase que o próximo 16 de abril de 9 a 13.30 e de 15 a 18 h. a unidade móbil de inspección técnica de vehículos agrícolas desprazarase ao municipio cerdedense para prestar este servizo de inspección. A unidade estará situada na Rúa das Longas detrás do cuartel da Garda Civil.  

9 de abril de 2015 | 12:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.