UPyD Ferrolterra inicia negociacións con Ciudadanos para confluír en Ferrol e Narón
Hugo Rodriguez Boo, candidato á Alcaldía de Narón e en representación da delegación local de UPyD Ferrolterra, mantivo unha reunión con Ana Rodríguez Masafret, delegada de Ciudadanos Ferrol.
UPyD propuxo unha xenerosa lista conxunta en Ferrol onde Cidadáns poida cubrir 2/3 da mesma, así como ofreceulle compartir a metade da candidatura de Narón, onde cidadáns non ten estrutura para presentarse, para poder defender xuntos o programa de fusión de Ferrol e Narón que UPyD leva case un ano defendendo e que encaixa perfectamente no ideario do partido Ciudadanos.
A proposición deste acordo foi apoiada por 46 dos 48 integrantes da delegación local de UPyD Ferrolterra.











