Uns 900 estudantes de primaria de Ferrol participarán na actividade teatral “O Espantallo Amigo”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

Un total de 835 estudantes de 3º, 4º e 5º de Educación Primaria, pertencentes a dez centros de ensino da cidade, participarán os vindeiros días 16 e 17 na actividade teatral “O Espantallo Amigo” que se desenvolverá no Teatro Jofre. Esta iniciativa forma parte dos programas educativos municipais 2014-2015 do Concello de Ferrol; e a compañía de teatro “Os Quinquilláns” será a encargada de representar esta adaptación teatral.

Así as cousas, os centros educativos do municipio ferrolán que participarán nesta actividade son os seguintes: Cruceiro de Canido, Juan de Lángara, Manuel Masdías, Ponzos, Isaac Peral, A Laxe, San Xoán, Pazos, Recimil e Esteiro. Os menores recibirán cadanseu libro “O Espantallo Amigo” de Neira Vilas; e se distribuirán en tres quendas: xoves 16 ás 10.00 e ás 11.30 horas; e venres 17 ás 10.30 horas.

14 de abril de 2015 | 14:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.