Uns 400 escolares celebran o día internacional do libro gozando dunha obra de teatro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+
Un instante da representación

Un instante da representación

O Concello da Guarda convidou a 450 nenos e nenas de centros escolares da localidade a celebrar o Día Internacional do Libro gozando dunha obra de teatro e visitando a biblioteca municipal, situada no Centro Cultural.

Os alumnos de Educación Primaria tiveron a oportunidade de desfrutar cunha representación teatral baseada no conto de Hans Christian Anderse: “O parrulo feo”. A compañía de teatro infantil “Caramuxo teatro” ofreceu os rapaces e rapazas unha versión desta coñecida obra que os fixo rir os alumnos, e tamén ós mestres, durante toda a actuación. A través da historia de un fabricante de parrulos de goma amarelos, os actores, conseguiron facer reflexionar, en clave de humor, sobre as diferenzas entre as persoas e a diversidade cultural.

Desta obra houbo dos quendas, a primeira delas ás 10,30 horas e a segunda ás 12 horas. A representación tivo unha duración aproximada de 45 minutos.

Pola súa banda, os alumnos e alumnas de Educación Infantil,.conmemoraron o Día Internacional do Libro, cunha visita á Biblioteca Municipal. A bibliotecaria, María Soledad Diz, ensinoulles ós cativos onde estaban colocados os diferentes exemplares e tamén a maneira de facerse socios da biblioteca. Entre outras moitas cousas, os nenos estiveron moi interesados en ver de cerca un exemplar do libro “El Quijote”.

Tras a explicación, e despois de que Diz recitase á escritora Gloria Fuertes na frase “Os invito a jugar a leer”, os nenos e nenas tiveron a oportunidade de coller nas súas mans o libro que máis lle gustase e desfrutar lendo.

Con estas dúas iniciativas, o Concello da Guarda, quixo conmemorar dunha maneira diferente esta data tan sinalada. O obxectivo das actividades era ofrecer unha alternativa máis dinámica e entretida para que os escolares celebren o Día do Libro. No caso da visita á biblioteca dos nenos e nenas máis pequenos, buscábase introducir este espazo nas súas vidas.

 

23 de abril de 2015 | 19:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.