publicidade hoxe

Unha ponte por un patrimonio para o futuro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalvaterra de Miño
A-
A+

O vindeiro 13  de abril, Ponte…nas ondas!, en colaboración coa Eurocidade Salvaterra de Miño e Monção,  convoca aos centros educativos dos Concellos de Salvaterra e de Monção a unha xornada de convivencia e de intercambio entre o alumnado das dúas beiras do Miño dentro das conmemoracións dos 20 anos do seu nacemento e da inauguración da ponte internacional João Verde-Amador Saavedra.

A xornada comezará ás 10.30 hs. coa realización dunha cadea humana na ponte na que ao son da canción Máis perto ( composta por Uxía e Segundo Grandío para Meniños Cantores ) os xoves das dúas beiras uniránse e soltarán globos coa lema “1 PATRIMONIO PARA O FUTURO “ no que lembrarán a iniciativa das escolas de Galicia e do Norte de Portugal para a inscrición do patrimonio inmaterial galego-portugués na Lista Representativa da UNESCO.

A xornada ten como obxectivo fomentar a convivencia entre o alumnado dos dous concellos e ao mesmo tempo lembrar a demanda dos centros educativos de Galicia e do norte de Portugal para que o patrimonio inmaterial galego-portugués sexa inscrito na Lista Representativa da UNESCO, iniciativa que está de novo a ser impulsada desde Ponte…nas ondas! en colaboración con institucións galegas e portuguesas.

A mañá comezará ás 10.30 hs. coa escenificación dunha cadea humana sobre a ponte na que o alumnado cantará o tema musical Máis perto, que xa é un himno de unión para os xoves desde a súa edición no disco Meniños Cantores publicado en 2005.

A seguir, realizarán unha solta de globos que levarán inscritos o lema “ 1 patrimonio para o futuro “.

Posteriormente desprazaranse ao parque de A Canuda para realizar unha práctica de xogos tradicionais galego-portugueses, xogos que facilitarán o intercambio e a comunicación entre os xoves galegos e portugueses.

Ao longo da mañá poderán realizar unha sesión de Photocall con xoguetes e imaxes de apoio ao patrimonio común galego-portugués.

Tamén haberá,  no auditorio ao aire libre do parque, un concerto musical a cargo do grupo de Magín Blanco “ A nena e os catro grilos “.

A Câmara Municipal de Monção e o Concello de Salvaterra colaboran na organización da xornada.

9 de abril de 2015 | 12:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.