Unha firma de Bilbao é a única candidata a instalar as dúas novas canchas de baloncesto de Fexdega
A Fundación de deportes do Concello de Vilagarcía segue avanzando na súa labor de mellorar as instalacións e equipamentos deportivos do pabillón e recinto multiusos de Fexdega. A última mellora en marcha é a dotación de dúas novas canchas para a práctica de baloncesto a cuxo contrato opta a única empresa que se presentou ao concurso. Trátase de Soluciones Deportivas Ibaizabal.
A Fundación de Deportes sacou a licitación a adquisición e instalación dunha cancha de parqué e outra de caucho para colocar en Fexdega. O prezo de licitación desta actuación ascende a 107.646,25 euros.
A Mesa de Contratación reuniuse esta mañá para proceder á apertura do sobre A da convocatoria, o correspondente aos requisitos legais e documentais que debe cumprir a empresa e que, segundo se comprobou, están en orde. A mesa volverá a reunirse o venres, unha vez transcurrido o prazo de 48 horas que se establece nos pregos, para proceder á apertura do sobre B, correspondente á oferta económica e técnica do contrato.
Operativas as dúas pistas sintécticas que foron saneadas
A instalación da nova cancha de parqué e a de caucho materializarase en poucas semanas, unha vez que a adjudicación sexa definitiva. Esta actuación súmase a outras que está levando a cabo a Fundación de deportes para mellorar os equipamentos de Fexdega. De feito, véñense de sanear dúas das pistas sintécticas xa existentes co obxecto de eliminar os bordes combados debido ao uso e ás repetidas labores de montaxe e desmontaxe das canchas. Unha vez saneadas, as pistas volvéronse a colocar, e a actuación aproveitouse para dispoñer unha lámina illante e impermeabilizante entre o caucho e o chan para facilitar a adhesión das pranchas de caucho, mellorar as prestacións para a práctica deportiva e aumentar a capacidade amortiguadora dos impactos. Estas dúas canchas están operativas dende hai días e xa foron utilizadas nos últimos eventos deportivos celebrados en Fexdega, o memorial Miguel Ángel González Estévez e a Vilagarcía basket Cup.
Impermeabilización da cuberta e separadores interiores
Tamén están completamente rematadas xa as obras de arranxo e impermeabilización da cuberta do pavillón e tan só queda por sacar a licitación a colocacións do sistema de separador colgantes que se instalarán no pavillón para dividilo e poder realizar actos independentes e diferentes a un tempo sen interferir uns en outros.
Por último, avanza a bo ritmo os traballos de apertura do novo vial de acceso ao aparcamento posterior de Fexdega.











