Unha auditoría avaliará en Santiago a eficiencia enerxética de 137 equipamentos municipais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSantiago de Compostela
A-
A+

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, anunciou a adxudicación pola Xunta de Goberno do servizo de auditoría enerxética das edificacións e instalacións municipais do Concello de Santiago, por un importe de 71.874 euros e un prazo de execución de seis meses. O estudo abrangue 137 edificios e instalacións municipais: 31 dependencias administrativas e outras asimilables, 29 instalacións deportivas, 47 centros socioculturais e locais sociais e 30 dependencias educativas. Esta auditoría permitirá realizar diferentes estudos de eficiencia e sinalar as propostas para unha maior racionalización do uso e do aproveitamento enerxético.

“O obxecto final é a optimización da contratación de enerxía eléctrica, do uso de combustible, dos elementos construtivos, equipos, instalacións de climatización e calefacción, iluminación e mantemento, así como o estudo de alternativas enerxéticas de subministro que repercutan nunha mellor xestión, maior eficiencia e, polo tanto, un aforro para a administración municipal”, indicou Agustín Hernández.

24 de abril de 2015 | 17:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.