Un total de 57 veciños de Frades realizan unha excursión a Portugal

Veciños de Frades á súa chegada a Portugal
Un total de 57 veciños e veciñas de Frades participaron nunha excursión de dous días a Portugal organizada polo Concello de Frades e que tivo lugar a pasada fin de semana. Con Fátima como destino principal, a expedición visitou primeiro as vilas de Braga e Batalha, facendo unha visita moi especial ás Grutas de Mira de Aire (Leiria), as maiores grutas de Portugal.
Os veciños e veciñas de Frades chegaron a Fátima xusto a tempo de gozar da procesión da noite e algúns tamén participaron na misa da mañá do domingo no santuario de Fátima. Durante a xornada dominical, a expedición visitou as vilas de Aveiro, Porto e Valença do Miño, onde visitaron a Fortaleza.