publicidade hoxe

Un total de 255 traballos presentaronse ao concurso de debuxo e relato da Filloa de Muimenta

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCospeito
A-
A+

A XXIV edición da Festa de Filloa, celebraráse o vindeiro venres primeiro de maio no Recinto Feiral “Manuel Vila” de Muimenta, ten a consideración de Festa de Intereses Turístico de Galicia dende o mes de 20 de febreiro do 2.008.

Onte luns, despois da presentación da nova edición da Festa da Filloa, tivo lugar a clasificación dos 255 traballos que participaron no XVI edición do Concurso de Debuxo e Relato da Filloa – “A Filloa”. Foron 206 debuxos e 49 relatos de 7 centros educativos: Castro de Rei, Castro Ribeiras de Lea, Meira, Vilalba, Bretoña, Feira do Monte e Muimenta.

Destos máis de 250 traballos se escolleron os 16 premiados (10 en debuxo e 6 en relato) que lograrán premios donados por Abanca, o Concello de Cospeito, a Área de Cultura, Turismo, Ensino, Normalización Lingüística e Patrimonio Histórico de Deputación Provincial de Lugo, a Xefatura Provincial de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. De esos 16, escolleuse o gañador do agasallo doado polo Vicerrectorado en Lugo da U.S.C. que se fará público o vindeiro primeiro de maio.

Adxuntamos ao presente, relación dos premiados, onde sobresale o Colexio Virxe do Monte de Cospeito, con 5 gañadores, seguido polo Colexio de Muimenta e o Mato Vizoso de Vilalba con tres gañadores cada un dos centros, dous para o Veleiro Docampo de Castro Ribeiras de Lea e un gañador para o Colexio de Bretoña, Meira e o Ramón Falcón de Castro de Rei.

A organización da Festa da Filloa recae na Asociación de Empresarios de Muimenta, a través das comisións da Moexmu, e colaboran o Concello de Cospeito, a Deputación Provincial de Lugo (a través da Área de Cultura, Turismo, Ensino, Normalización Lingüística e Patrimonio Histórico), a Xunta de Galicia, Abanca, Manantiales de Galicia, Panadería Hermo e numerosas empresas e particulares.

28 de abril de 2015 | 19:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.