Un home de 62 anos falece nun accidente co seu tractor en Chantada
Un home de 62 anos cuxo nome responde as iniciais R.E.C. morreu este luns no concello lugués de Chantada tras sufrir un accidente de tractor, segundo informa o 061.A central de coordinación de urxencias sanitarias recibiu unha alerta sobre as 18,30 horas por un sinistro no que estaba involucrado un tractor agrícola, que envorcou e deixou atrapado ao condutor.
Segundo explica nun comunicado, ao lugar dos feitos enviáronse unha ambulancia asistencial e un helicóptero medicalizado, ademais de desprazarse tamén persoal sanitario do punto de atención continuada (PAC) de Chantada. No punto foi atendido o paciente, pero os sanitarios soamente puideron certificar o seu falecemento.