Un grupo de investigación impartirá un relatorio de inmunoloxía na Casa da Cultura de Verín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

Mañá mércores, e coincidindo coa celebración do Día da Inmunoloxía, terá lugar na Casa da Cultura de Verín un relatorio sobre a inmunoloxía, organizado polo Biblioteca Pública do Concello de Verín. O mesmo será impartido, a partir das 12 horas, por integrantes do grupo de investigación de Inmunoloxía da Universidade de Vigo, que está dirixido pola doutora África González, directora do Centro de Investigacións Biomédicas da Universidade de Vigo.

A esta sesión informativa asistirán alumnos/as dos centros educativos do municipio (bacharelato e módulos da rama sanitaria), e durante a mesma se achegará aos/ás presentes a presentación do libro Los misterios del sistema inmunitario. Cómo protege nuestro cuerpo, que naceu co obxecto de axudar aos/ás menores, con idades comprendidas entre os 10 e 14 anos, a entender o funcionamento do sistema inmunitariao. Este libro, cunha linguaxe divulgativa, foi editado no ano 2008 pola Sociedade Xaponesa de Inmunoloxía, un ano despois ofertouse en inglés e o pasado editouse en castelán.

Neste proxecto tamén colabora a Sociedade Española de Inmunoloxía (SEI), o proxecto institucional europeo BIOCAPS e a Fundación Dr. Antonio Esteve.

28 de abril de 2015 | 17:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.