Un grupo de 86 usuarios do centro de maiores da Avenida de Vigo percorrerá a ruta da construcción naval
Un grupo de 86 persoas usuarias do Centro de Maiores, situado na avenida de Vigo, participará mañá venres nunha visita guiada pola Ruta da Construcción Naval. A Concellería de Turismo do Concello de Ferrol, que dirixe María del Carmen García Fraga, colabora neste percorrido con guía facilitando o city-tren que desprazará a este grupo ao Arsenal Militar e as instalacións de Navantia dende a praza de Galicia, fronte ao Teatro Jofre.
Esta visita guiada pola Ruta da Construcción Naval levaráse a cabo en dous grupos, o primeiro percorrerá a ruta industrial ás 16:30 horas mentres que o segundo farao ás 18:15 horas.











