Un grupo de 12 fotoxornalistas pontevedreses expoñen no Museo de Pontevedra a súa visión do acontecido na provincia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedraPontevedra
A-
A+

Esta exposición nace coa intención de que os pontevedreses coñezan os 12 fotoxornalistas que poñen cara e paisaxe cada día ás noticias que centran os faladoiros da provincia. Na mostra poderase ver unha síntese do traballo que desde hai anos realizan para diferentes xornais e medios de comunicación, nos que dan conta, a través do seu obxectivo, do que está a acontecer.

Pontevedra no obxectivo. 12 fotoxornalistas” amosa seis fotografías de cada un destes profesionais, que eles mesmos seleccionaron do seu amplo e vasto arquivo fotográfico.

A clave do traballo céntrase non só en estar no lugar da noticia para capturar o instante preciso, ou na súa habilidade no manexo duns instrumentos dixitais ó alcance de todos, senón na súa capacidade para contar unha historia, transmitir a angustia, a desolación, a alegría, a solemnidade ou a tenrura dun instante fugaz nunha única fotografía.

“Pontevedra no obxectivo. 12 fotoxornalistas” abrirá as súas portas o xoves 30 de abril no Edifico Sarmiento do Museo de Pontevedra. Neste acto de apertura ó público realizarase unha visita guiada na que estarán presentes os propios autores das fotografías. A exposición poderase visitar ata o 31 de maio.

28 de abril de 2015 | 17:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.