Un centenar de alumnos acoden ao curso gratuíto de manipulador de alimentos en Ponte Caldelas

Asistentes ao curso
Un total de 100 persoas participaron onte no curso de manipulador de alimentos que organizou o Concello de Ponte Caldelas e que se desenvolveu no Centro Cultural da vila. Este curso foi gratuíto ao ser sufragado polo Concello.
O curso tivo unha duración de 3 horas e celebrouse nun único día en xornada de mañá e tarde para adaptarse así aos horarios das persoas que participaron no curso.
Con este curso o Concello pretende seguir dando posibilidades de formación aos veciños do municipio sen que teñan que desprazarse e sen custo ou a un custo mínimo.
Este curso é necesario para todas as persoas que queiran traballar en hostalaría e tamén esta formación vai ser esixida pola empresa conserveira ORBE, que se está instalando no Parque Empresarial da Reigosa, para aquelas persoas que queiran optar a algún posto de traballo en devandita empresa. Este foi un dos motivos polo que o alcalde e a oficina local de emprego decidiron organizar este curso.











