Trofeo de Chave ‘Ricardo Soto’ e Trofeo de Petancana nas Festa dos Maios de Verín
Co obxectivo de promover a recuperación dos xogos populares entre os/as veciños/as da comarca de Verín e de fomentar a participación da veciñanza en actividades lúdicas nas que se integren persoas de distintas idades e procedencias, o Concello de Verín organiza o Trofeo de Chave Ricardo Soto – Festa dos Maios 2015, nas modalidades de adultos e infantil, que se rexerá polas seguintes bases:
Modalidade Adultos
1ª.- Poderán participar neste Trofeo todas as persoas que estean interesadas, con independencia da súa idade, sexo ou procedencia.
2ª.- A inscrición realizarase no Parque da Alameda, na zona acoutada para as tiradas previas á competición, entre ás 12 e as 12.30 horas do día 1 de maio.
3º.- As tiradas da competición serán na mañá do día 1 de maio, no Parque da Alameda a partir das 12.30 horas. A distancia da tirada de competición será de 10,5 metros. Antes de comezar as tiradas de competición os inscritos realizarán unha tirada completa de quecemento.
4ª.- A inscrición é gratuíta e individual.
5ª.- Os clasificados en 1º e 2º lugar terán trofeos conmemorativos.
Modalidade Infantil
1ª.- Poderán participar nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria.
2ª.- A inscrición realizarase nos centros nos que estudan, até o día 29 de abril incluído.
3º.- A competición será o día 1 de maio, no Parque da Alameda, a partir das 11 horas. A distancia será de 5,25 metros. Antes de comezar a competición, realizarase unha tirada completa de quecemento.
4ª.- A inscrición é gratuíta e individual.
5ª.- A cada participante entregaráselle unha bolsa con bebida e doce.
6ª.- Os clasificados en 1º e 2º lugar terán trofeos conmemorativos.
Trofeo de Petanca na Festa dos Maios 2015
Co obxectivo de promover a participación da veciñanza en actividades lúdicas nas que se integren persoas de distintas idades e procedencias, o Concello de Verín, en colaboración da Cruz Vermella Monterrei e do Centro Socio – Comunitario de Verín, organiza o Trofeo de Petanca Maios 2015, que se rexerá polas seguintes bases:
1ª.- Poderán participar neste Trofeo todas as persoas que estean interesadas, con independencia da súa idade, sexo ou procedencia.
2ª.- A inscrición realizarase por equipos (parellas de participantes) na Cruz Vermella Monterrei e no Centro Socio – Comunitario de Verín, até as 12:00 h do día 30 de abril.
3º.- Entre as 10.45 e as 11 horas sortearase o enfrontamento dos equipos inscritos.
4º.- A competición comezará ás 11 horas do día 1 de maio no Parque da Alameda.
5ª.- A inscrición é gratuíta.
6ª.- Aos participantes entregaráselle unha bolsa de avituallamento.
7ª.- A cada un dos membros dos equipos clasificados en 1º e 2º lugar entregaráselle un trofeo conmemorativo.











