publicidade hoxe

“Tic Tac Town. A chave do cambio: O teu tempo” en Boiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiro
A-
A+

Dende o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Boiro comprácenos presentarlle á cidadanía a actividade “Tic Tac Town, a Chave do Cambio: O teu tempo”, organizada polo Concello de Boiro e a Deputación de A Coruña e implementada por Senes, Desenvolvemento Comunitario, que se vai levar a cabo no noso Concello o vindeiro Xoves día 23 de Abril de 2015 en horario de 10:00 a 14:00 horas no Pavillón da Piscina Municipal.

“Tic Tac Town é unha vila itinerante que nace co obxectivo de fomentar a participación da comunidade en actividades de voluntariado, promovendo así os valores solidarios e o compromiso social como parte dun proceso de transformación persoal e social.
Con este día do voluntariado e do asociacionismo quérense canalizar todas as potencialidades que se atopan nun espazo onde conflúen persoas con diferentes inquietudes e aportacións. Preténdese crear sinerxias e nexos entre as entidades, asociacións, organizacións, fundacións….e as persoas que desexan compartir, aprender e loitar. Ese espazo será o Pavillón da piscina municipal de Boiro e esas entidades serán do máis variado, dende aquelas que se adican á atención a persoas con diversidade funcional a asociacións protectoras de animais, asociacións de veciños, asociacións culturais, ONGs e grupos de artesáns.

Esta actividade, dirixida e aberta ao público en xeral, permitirá aos asistentes coñecer o voluntariado e o asociacionismo ao tempo de gozar de obradoiros, actuacións e outras actividades.

20 de abril de 2015 | 18:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.