publicidade hoxe

Tablas no encontro entre Burela FS e Santiago Futsal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaDeportes
A-
A+
Encontro do Burela FS co Santiago Futsal

Encontro do Burela FS co Santiago Futsal

Os primeiros compases foron dos laranxas, que tentaron atopar algunha greta na defensa compostelá. Superado o primeiro minuto, un balón de Antoñito despois de superar á defensa rival, chegaba sen forza ás mans de Íker. O Santiago soubo rendibilizar as súas ocasións e sen chegar antes con perigo á meta laranxa, no minuto 5 adiantouse con Lucho ao segundo pau a pase de Borja, cun balón que se lle escorregou das mans a Edu e superou timidamente a liña de meta. Parecía que os visitantes cobraban forza en ataque, aínda que sen éxito. Rozando o ecuador, Iago Míguez a punto estivo de igualar a contenda nun man a man con Íker. Despois dunha perfecta actuación de Edu baixos os paus, tentouno Behroz no minuto 12, raso de lonxe, no 14 a pase de Isi, pero á tercerá foi a vencida. O 9 burelista rubricou o empate en galopada asistido por Miguel (minuto 14).

Os reflexos de ambos os gardametas tiveron que redobrarse para evitar as arremetidas rivais na recta final antes do final da primeira parte. O Burela FS dispuxo de numerosas ocasións para porse por diante, aínda que o Santiago…

Volveu perdoar o Burela FS e poucos segundos despois aproveitaron os composteláns nunha perda de Miguel, con contragolpe iniciado por Quintela, que culminou Iván Rumbo contra a rede. Íker salvou aos seus do empate, cun pé prodixioso fronte a Hélder na seguinte xogada, aínda que Edu, impertérrito, tamén estivo sublime en man a man con Lucas Bolo (minuto 34) e Santi (35). Subindo de revolucións, no 36, Chano retornou as táboas ao electrónico, 3-3, de penalti, tras un saque de esquina que culminara Iago, despois da falta sinalada polos árbitros. Apostaron os de Santi Valladares con Hugo Sánchez e o xogo de cinco, a falta de 2.36 minutos para ir a por o tres puntos, ante a seriedade defensiva dos locais, que puideron porse por diante a porta baleira en dúas ocasións. No último segundo, un dobre penalti, coa sexta falta dos visitantes, deulles ás aos laranxas para crer na vitoria sen fortuna.

11 de abril de 2015 | 00:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.