Sofre queimaduras cando trataba de apagar un incendio no seu vehículo en Vigo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSucesosVigo
A-
A+

Un home foi evacuado tras sufrir queimaduras na cara cando trataba de apagar un incendio no seu vehículo en Vigo provocado mentres cambiaba un filtro do motor. Segundo informou o 112, os feitos tiveron lugar sobre as 20,50 horas do martes na rúa Moaña, en Vigo, onde un home sufriu queimaduras na cara cando trataba de apagar un incendio no seu coche.

O propio afectado relatou que posiblemente o lume foi provocado por un líquido desinfectante que aplicou mentres cambiaba un filtro do motor do vehículo.

Para sufocar as lapas utilizou un extintor, segundo sinalaron as mesmas fontes. O CAE 112 Galicia solicitou a intervención dos bombeiros da cidade e pediu a colaboración de Urxencias Sanitarias, Policía Local e Protección Civil de Vigo.

O 061 mobilizou unha ambulancia medicalizada que levou ao Hospital Xeral de Vigo ao home ferido, E.S.N., de 52 anos, segundo indicaron fontes sanitarias.

8 de abril de 2015 | 10:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.