Sesión para educadores a cargo de Federico Delicado dentro da XV Campaña Municipal de Animación á Lectura

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

A Galería Sargadelos acollerá este xoves 9 de abril unha sesión especial para educadores no marco da XV Campaña Municipal de Animación á Lectura. A actividade estará dirixida polo ilustrador Federico Delicado, gañador do VII Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados -convocado polo Departamento de Educación e Kalandraka Editora- coa súa obra Ícaro. Federico Delicado é licenciado en belas artes pola Universidade Complutense de Madrid. En 1970 iniciou a súa traxectoria profesional elaborando materiais audiovisuais e traballos para prensa. Participou en exposicións de pintura e de escultura. Nos últimos anos publicou numerosos libros para público infantil e xuvenil.

Baixo o título “O voo do debuxante”, nesta actividade o ilustrador detallará as claves creativas de Ícaro.

A Campaña Municipal de Animación á Lectura, que leva por título “Ler é voar”, desenvolverase ata o 9 de maio e comprende un conxunto de iniciativas en prol da animación á lectura para as familias, o profesorado e os nenos e as nenas de Santiago. A iniciativa esta baseada no traballo de Federico Delicado.

8 de abril de 2015 | 18:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.