Servizos Sociais prestou o servizo de Xantar na Casa a vinte persoas durante 2014

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

Un total de 20 persoas de Vilagarcía beneficiáronse ao longo do ano 2014 do programa Xantar na Casa que presta a Concellería de Servizos Sociais do Concello. Grazas a esta iniciativa destinada a persoas dependentes ou en risco de exclusión social, os usuarios reciben no seus domicilios os menús para cada día da semana, garantindo así a súa correcta alimentación e aportándolle a comodidade de non ter que cociñar. O programa está subvencionado polo Concello e a Xunta de Galicia, a través do Consorcio de Servizos Sociais, polo que o usuario so asume unha cota simbólica que non chega aos 2 euros diarios.

Dada as características da poboación á que está dirixido este programa, a idade dos beneficiarios é elevada. O usuario máis novo conta 50 anos e o máis maior 90, aínda que a maior proporción é a que representan os octoxenarios. Dos vinte usuarios, dez atópanse na década dos 80, catro na dos 70 e tres eran sesaxenarios. Só había unha persoas cos 90 anos cumpridos e outra de tan só 50.

Varón que vive só e con dependencia moderada

En canto á distinción por sexos, 12 dos usuarios eran homes e 8 mulleres. Polo tanto, pódese dicir que o usuario tipo do Xantar na Casa en Vilagarcía é o de un varón duns 76 anos de idade, que vive só e cunha dependencia moderada e con problemáticas engadidas de saúde.

Os menús compóñense de primeiro e segundo prato, pan e sobremesa. Son elaborados con produtos de primeira calidade e servidos a domicilio por unha empresa de cátering que dispón de diferentes modalidades de menús en función das necesidade de cada usuario. Así, fan pratos baixos en sal e graxas ou sen azucres sempre que o beneficiario deba seguir unha dieta por prescrición médica. Tamén a pratos especiais para persoas que teñen dificultade para mastigar. Todos os menús garanten unha alimentación equilibrada para satisfacer as necesidades nutricionais das persoas.

Este cómodo sistema de menús que só hai que quentar no microondas evita o problema que supón para moitas persoas maiores, dependentes ou con problemas de mobilidade facer a compra cada día e mesmo cociñar, co que se evitan os riscos que esta actividade conleva. Ademais, se os usuarios non contan con frigorífico para conservar os menús en perfectas condicións ou carecen de forno microondas para quentalos, o programa facilítalles ambos electrodomésticos en depósito en sen custe algún para o usuarios.

Manter a independencia no seu propio entorno

Aparte das avantaxes antes comentadas, o Xantar na Casa é un recurso que busca que as persoas poidan manter a súa independencia e vivir o maior tempo posible no seu fogar coa maior calidade de vida. A isto contribúe tamén que este programa se poida complementar con outros servizos que ofrece o departamento que dirixe Elena Suárez, como por exemplo o servizo de Axuda no Fogar para persoas dependentes. Precisamente, dous dous beneficiarios do Xantar na Casa en 2014 eran usuarios tamén do SAF.

Prezo simbólico e bonificacións

Os beneficiarios do Xantar na Casa poden gozar destes menús a domicilio ó prezo simbólico de 1,86 euros por día, grazas a que o Consorcio e o Concello corren co resto do custe. O Consorcio asume o 50% e o outro 50% repártese entre o Concello e usuario a partes iguais. Ademais, a Área de Igualdade e Benestar Social do Concello bonifica cun 50% máis a parte que lle toca asumir ó usuario naqueles casos no que se trate de persoas con ingresos netos mensuais inferiores a 400 euros.

Dos vinte usuarios rexistrados en Vilagarcía o ano pasado no Xantar na Casa, 19 só aboaron a cota de 1,86 euros correspondente ao 25% do custe por menú e un obtivo ademais a bonificación extra polo nivel d3 ingresos, polo que a cota foi para el inferior a 1 euro (concretamente 0.93 céntimos por día)

8 de abril de 2015 | 19:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.