publicidade hoxe

Salvaterra dedica abril ao mes dos libros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalvaterra de Miño
A-
A+

O Concello de Salvaterra de Miño presenta a súa programación con motivo da conmemoración do día do libro, baixo o epígrafe “ abril mes dos libros”, con diversas actividades que pretenden promover a lectura entre os máis cativos

ABRIL MES DOS LIBROS

– 9 de ABRIL, de 17:00 a 18:30h actuación da animadora Eugenia Muñoz coa actividade “O príncipe predestinado”  unha viaxe aos xeroglíficos exipcios a través dun papiro esnaquizado. A partir de 8 anos ata 12 anos. Prazas limitadas.

Lugar: Biblioteca  Municipal de Salvaterra.

– 16 de ABRIL, de 17:00 a 18:30h actuación do grupo Imaxinatia coa actividade “ O método científico”. A partir de 6 anos. Prazas limitadas. Lugar: Biblioteca de Salvaterra.

– 23 de ABRIL, DE 17:00 A 18:00h, actuación do Grupo Leo Leiño coa actividade Maxica Cómica, a partir de 3 anos.

Lugar: Salón da Casa de Cultura de Salvaterra.

– 30 de ABRIL,  de 17:00 a 18:00 actuación do monitor Xulio Varela coa actividade “Os/as cazatesouros da rede” para nen@s a partir de 8 anos. Prazas limitadas.

Lugar: Sala de ordenadores da Casa de Cultura de Salvaterra.

6 de abril de 2015 | 13:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.