Rut Martínez achega ao “Marcos Valcárcel” unha obra sutil e melancólica

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+
Rut Martínez

Rut Martínez

“A memoria e o seu silencio” é o título da exposición que recolle o traballo de Rut Martínez e que está marcado por “unha obra que nos invita a somerxernos na nosa propia melancolía con sutileza e beleza artística”. Son pezas, en moitos casos, con formatos mínimos, de moi reducidas dimensións e nos que esa beleza ten que estar condensada, reflectida ás veces nun pequeno detalle.

Dixo Auguste Rodin que “nada é tan fermoso como as ruínas dunha cousa bela”. E Rut Martínez López de Castro, artista de dilatada traxectoria a pesar da súa xuventude, vén referendar tal afirmación “cunha obra que nace, en parte, onde outras morren: nos últimos estertores de obxectos, paisaxes e contornos que xa non son o que algún día foron”.

Esta mostra, que se abre ao público dende hoxe, poderá visitarse ate o día 3 de maio no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense.

10 de abril de 2015 | 17:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.