Ribadumia abre o prazo para inscribirse nun Taller de memoria e psicomotricidade
O Concello de Ribadumia oferta un Taller gratuíto de estimulación cognitiva e psicomotricidade co obxectivo de mellorar o rendemento cognitivo e funcional asociado ó envellecemento normal e preservar aquelas capacidades que se van perdendo coa idade, intervindo en aquelas funcións intelectuais e físicas que se ven afectadas. A actividade desenvólvese dende abril na Casa da Cultura de Ribadumia os luns e mércores de 10:00 a 11:00h. O prazo de inscrición xa está aberto nas oficinas municipais.
Trátase dun programa gratuíto de promoción e prevención de saúde, dirixido a homes e mulleres interesados en coñecer o funcionamento da súa memoria e dispostas a aprender unha serie de técnicas para mellorar destrezas coma a percepción, memoria, atención, concentración, razoamento, flexibilidade etc. Ademáis mediante estes exercicios preténdese mellorar a autoestima, habilidades sociais e incrementar a calidade de vida.











