Rey Varela informa aos representantes veciñais de Caranza das próximas actuacións nos viarios

Rey Varela na reunión cos representantes veciñais
O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, visitou hoxe o barrio de Caranza para repasar xunto cos representantes veciñais da zona as actuacións acometidas polos servizos municipais e empresas que traballan para o Concello de Ferrol. Estas intervencións forman parte da cuarta fase o Plan de Barrios, que o Executivo que preside Rey Varela está desenvolvendo na actualidade. Este programa de atención e participación veciñal, posto en marcha nestemandato, permite intensificar de maneira coordinada a actividade dos diferentes servizos municipais para responden ás peticións veciñais de cada un dos barrios da cidade. Así mesmo, o Plan de Barrios tamén facilita a comunicación directa e fluída do rexedor e dos supervisores dos servizos municipais cos propios veciños para coñecer de primeira man as necesidades de cada barrio ou parroquia de Ferrol.
Ademais do primeiro edil da cidade, o concelleiro de Medio Ambiente e Servizos, Borja Carro Muñoz; e a edil de barrio, Rosa Martínez Beceiro, participaron nesta reunión de traballo coa directiva da Asociación de Veciños de Caranza. No encontro tamén estiveron técnicos municipais de diferentes servizos como Parques e Xardíns, Limpeza e Recollida do Lixo, e Policía Local.
Así as cousas, Jose Manuel Rey Varela informou aos veciños do barrio dos traballos de pavimentación nas rúas Domingo García Sabell, Cuco Ruíz de Cortázar e Juan de Austria; incluídas dentro da segunda fase do Plan de Renovación Integral de Viarios posto en marcha polo Goberno Municipal de Ferrol e que comezará a executar a firma Tragsa a partir da vindeira semana. Ademais da renovación, pintado e sinalización destes viarios, o barrio de Caranza tamén se beneficiará do Plan de Aforro e Investimento da Deputación Provincial da Coruña (PAI); que permitirá o aglomerado completo das rúas B, D, F, 5, 7, 8, 9 -nas Vivendas da Bazán- e da rúa Prado en Telleiras.
No que atinxe aos traballos dos servizos municipais e empresas que traballan para a Administración ferrolá en Caranza durante as últimas semanas, Jose Manuel Rey destacou as seguintes actuacións:
– Traballos de sinalización e pintado de pasos de peóns en Luis de Requesens e Juan Cardona así como en Armada Española.
– Limpeza de columnas e reposición de tapas de alumeado.
– Traballos de mantemento en máis de 120.000 metros cadrados de zonas verdes do barrio e traballos de poda en Marqués de Requesens, Alcalde Quintanilla, Avenida de Castelao, Telleiras, López Figueroa, Enrique Granados, Vivendas de Bazán e praza de Guillermo Feal.
– Un total de 400 prantas florais colocadas na Gloieta do Conservatorio. Ademais, de tarefas de instalación de oito bancos en Vila do Conde e o parque García Sabell e pintado e reposición de bancos no paseo marítimo pintado e o parque Fontelonga.
– Revisión de funcionamento e estado dos xogos en tódolos parques infantís e biosaludables de Caranza.
– Obras de mellora no Mercado Municipal de Caranza: cuberta, explanada exterior da parte traseira…











