Rey Varela destaca o talento e creatividade da mocidade na entrega dos premios Lidera Ferrol 2015

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, presidiu esta tarde a cerimonia de entrega da cuarta edición dos premios Lidera Ferrol, organizados pola Concellería de Igualdade e Xuventude que dirixe a edil Verónica Casal Míguez. O acto desenvolveuse nun Teatro Jofre que rexistrou un cheo absoluto. O público, ademais de aplaudir aos gañadores nas diferentes categorías do certame, gozou do concerto de Andrés Suárez.

En total, nesta cuarta edición de Lidera Ferrol concedéronse 16 premios repartidos entre sete das oito disciplinas coas que conta o certame, posto que este ano o xurado decidiu deixar deserta a categoría de Curta e Videoarte. O certame contou este ano cunha elevada participación xa que un total de 96

traballos presentados por preto dun cento de estudiantes, optaban aos galardóns en Fotografía, Cómic ou Relato Curto, Pintura, Música, Deseño de Soportes Dixitais, Deseño de Produto, Teatro e Danza, e Curto e Videoarte.

Na súa intervención, Jose Manuel Rey Varela salientou que Lidera Ferrol é un certame pioneiro en Galicia posto en marcha neste mandato e que nesta cuarta edición xa se ten plenamente consolidado, como o demostra a cantidade e calidade de traballos presentados. Neste sentido, o primeiro edil da cidade felicitou a todos os participantes, gañadores ou non, ao tempo que lembrou que Lidera Ferrol 2015 busca “poñer en valor o traballo, talento e creatividade da mocidade ferrolá”.

Galardonados no Lidera Ferrol 2015

Así as cousas, a relación de premiados e categorías do certame artística nesta cuarta edición é a seguinte:

Fotografía

– 3ª Premio para “Microgalicia” de Marta Fernández Muñiz.

– 2º Premio para “Un sentimiento de vida” de Miriam Fano Abuín.

– 1º Premio para “Nocturna ferrolana sin retoque” de Aarón Rodríguez. Varela.

Cómic-relato curto

– 3º Premio para “Sueños, en vasos de cristal” de Natalia Porca Rodríguez.

– 2º Premio para “De personas y campos magnéticos” de Rubén Rodríguez Fernández .

– 1º Premio para “Guerras anónimas” José Camilo López Rey.

Teatro-danza

– 1º Premio para “Un momento por favor” de Bosquina Pérez Monzón.

Deseño soportes dixitais

– 2º Premio para “Defensores do Espazo” de Alba Vila Fernández e Iker Freire Lado.

– 1º Premio para “Conecta Ferrol” de Hadrián Rodríguez López e Lucía Rodríguez Regueiro.

Música

– 3º Premio para “Ferrol Poético” de Sandra Rego Rey e Sara Varela Prados.

– 2º Premio para la obra “Ante notario” de Miguel Ángel Alonso Fernández.

– 1º Premio para “Now I can Feel” de Andrés Toimil Bellón.

Creación e desenvolvemento dun produto

– 1º Premio para “Melumina” de Ana García-Lastra Perales.

Pintura

– 3º Premio para “Lush Life” de Mario Maneiros Rodríguez.

– 2º Premio para “Rómpete el alma” de Blanca Escrigas Fernández.

– 1º Premio para “Evaki” de Candela Mª Rivera Gómez.

24 de abril de 2015 | 20:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.