Rey Varela asina un convenio de colaboración coa Escudería Ferrol para o 46º Rallye de Ferrol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+
O alcalde de Ferrol na sinatura do convenio

O alcalde de Ferrol na sinatura do convenio

O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, asinou hoxe un convenio de colaboración coa Escudería Automobilística Ferrol para a organización e celebración do 46º Rallye de Ferrol. No acto da firma, que tivo lugar no Salón de Recepcións da Casa Consistorial, estivo presente a concelleira de Deportes, Susana Martínez Galdós; e o presidente da entidade deportiva, Pedro Amado López. A achega municipal dentro deste convenio de carácter nominativo ascende a 20.000 euros.

Jose Manuel Rey Varela destacou a calidade desta competición automobilística “que situará a Ferrol unha vez máis no escaparate de grandes eventos deportivos, neste caso do motor”, ao tempo que engadiu que a 46 edición do Rallye Ferrol coincidirá coa Semana Grande de Festas de Verán. O primeiro edil da cidade avanzou que a proba se desenvolverá entre os días 19 e 22 de agosto e que “encherá a nosa cidade de grandes deportistas que levarán o nome de Ferrol por toda España”. Neste senso, o rexedor municipal salientou que o 46º Rallye de Ferrol “volverá a ser o mellor de toda España ou polo menos un dos mellores”.

Pola súa banda, o presidente da Escudería Ferrol agradeceu a sinatura do convenio “porque un ano máis o Concello de Ferrol colabora na organización do Rallye de Ferrol, que o pasado ano foi nomeado o mellor rallye de España”

9 de abril de 2015 | 13:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.