Redondela pon en marcha a cuarta edición da Ruta do Pincho do 10 ao 26 de abril

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRedondela
A-
A+

Vinte seis propostas gastronómicas danse cita nesta cuarta edición da Ruta do Pincho da man doutros tantos establecementos hostaleiros esparexidos pola xeografía do municipio. Dende o casco urbano de Redondela, pasando polo centro de Chapela, descubrindo as Praias de Cesantes e Area Longa, nas máis acolledoras contornas rurais de Cedeira e Reboreda, ou deixándose ir algo máis aló do alto de Saxamonde, poderás degustar os sabores da nosa terra e do noso mar en pequenas porcións que farán espertar todos os sentidos.

Os mellores pinchos da Hostalaría do Concello de Redondela presentase para ser degustados xunto cunha coidada selección de viños da Bodegas Altos de Tarona, ReginaViarum e Alcorta a un prezo único de 2,95€.

A clientela poderá puntuar todos os pinchos e ademais participar no sorte de relaxantes e saborosos premios:

1º Noite para dúas persoas no Hotel Balneario Augas Santas + Ruta Termal + Visita á adega ReginaViarum con degustación de viño.

2º Comida para dúas persoas nun dos locais participantes da ruta que elixa o premiado + Botella de viño.

3º Dous pases para Circuíto Termal completo no Talaso de Baiona(de luns a sábado).

Todas as tarxetas de puntuación serán válidas para a puntuación dos pinchos e so serán necesarios oito selos para participar no sorteo.

E ademais, haberá premio directo aos clientes que rematen a ruta (12 primeiros): Botella de Viño Magnum con D.O. Rioja ou Albariño.

Desta maneira os hostaleiros tamén verán recompensado o seu bo facer na cociña con un premio outorgado directamente pola súa clientela.

9 de abril de 2015 | 18:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.