Quintáns faise co título nacional Veterano de Probas Combinadas e o récord galego
O atleta da Sociedade Ximnástica Francisco Quintáns, conseguiu de forma brillante o título de Campión de España de Decatlon, na categoría veterana de maiores de 50 anos. Francisco sumou 5.599 puntos no cómputo das dez probas, cunha ampla marxe sobre o segundo clasificado; cimentado sobre todo na segunda xornada da competición, onde conseguiu tres vitorias parciais, entre as que se atopaba o salto con pértega, proba na que foi moi superior ao resto de rivais. Ademais a súa marca represente un novo record galego da categoría.
Os infantís da Ximnástica brilaron na xornada do Xogade disputada en Vigo
Os infantís da Sociedade Ximnástica de Pontevedra, non o fixeron nada mal na súa terceira xornada da competición do XOGADE, cun total de 13 postos de podio, ao que hai que sumar algún cuarto posto. A competición celebrada en Vigo serviu para que os atletas mellorasen as súas marcas de cara á clasificación do Campionato Provincial.
Só se conseguiu unha vitoria parcial, a cargo de Antón Martínez, que conseguiu o mellor tempo nas series de 80 metros, con 10.2. A esta vitoria hai que sumar seis resultados na segunda posición e outros seis na terceira posición.
Juan Carlos Pérez, completou o dobrete nos 80 metros, ao quedar segundo con 10.5. Antón Paz sumou tres resultados brillantes, ao quedar segundo nas probas de salto de altura, con 1.30 e 220 metros valas con 36.6 e o terceiro posto nos 150 metros con 20.4.
O resto de segundos postos foron para Antón Olmedo no lanzamento de disco, Álvaro Piñeiro nos 3 quilómetros marcha e Andrea Villaverde nos 220 metros valas feminino. Andrea Villaverde conseguiu ademais outro posto de podio nos 80 metros cun terceiro posto.
Yago Boleas nos 500 metros, Alexandre Fernández no disco, Pablo Boleas nos 220 metros valas e Nuria Sueiro no disco feminino; completaron os terceiros postos dos atletas pontevedreses.











