Proxeccións en Castrelo de Miño
Na reformada Casa do Concello, o novo salón de actos municipal foi equipado cunha sala de proxección, na que se realizan actividades cinematográficas, como a proxección da película A Esmorga o pasado mes de marzo. Este domingo 12 de Abril, ás 20:30 horas da tarde, realizarase unha sesión especial de curtas, reportaxes e documentais sobre o PATRIMONIO CULTURAL INMATERIAL DE CASTRELO DE MIÑO.
Proxectaranse entre outras as seguintes gravacións:
– Sobrevoando Castrelo de Miño, o noso concello a vista de páxaro. Gravado este ano 2015 en todas as parroquias do concello co uso dun Dron octocóptero.
– Cinco historias da vida. Ano 2013. Un corto sobre a historia de cinco parellas de Castrelo de Miño maiores de 80 anos.
– Os augardenteiros de Castrelo de Miño. Unha reportaxe gravada no ano 1980 por TVE en Castrelo de Miño.