publicidade hoxe

Propostas culturais para a fin de semana en Rianxo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRianxo
A-
A+

Propostas a desenvolver nesta fin de semana na Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo:

Venres 1 de maio

A partir das 10.30 h – Porto de Rianxo

DÍA DAS XENTES DO MAR

O Concello de Rianxo organiza os actos do PRIMEIRO DE MAIO EN RIANXO – DÍA DA XENTE DO MAR,  segundo o seguinte programa: 10:30 h. Alborada a cargo do grupo de gaitas Río de Anxo, 11:30 h. no Parque Galicia, Ofrenda Floral co Coro Santa Columba e ás 12:00 h. na Capela de San Bartolomeu, Misa de Campaña co Coro Santa Columba e Ofrenda Marítima nas Lobeiras.
16.00 h – Souto – Isorna

SACHOS Á RÚA: FEIRA LABREGA E ARTESANA DE RIANXO
 
A partir das 17.00 h – Campo de Arriba Rianxo. Organizada polos Foros Ecolóxicos da Barbanza coa colaboración do Concello de Rianxo, desenvolverase no Campo de Arriba a Feira labrega e artesana de Rianxo Sachos á rúa.

CLAUSURA DOS CONCERTOS POLAS PARROQUIAS DA BANDA XUVENIL DA ESCOLA DE MÚSICA DE RIANXO

A partir das 16.00 horas no Souto en Isorna haberá hinchables, xogos, obradoiros,… coa colaboración Dfábula. Ás 18.00 horas, Concerto do Conxunto Instrumental e da Banda Xuvenil da Escola de Música de Rianxo. E para rematar, a partir das 19.30 horas, Festa fin de ciclo, con Critical Day e máis hinchables, xogos, obradoiros,… 21.00 h – Auditorio de Rianxo

SES EN CONCERTO: PRESENTACIÓN DO NOVO DISCO TRONZAR OS VALOS

Novamente Ses e a súa banda achéganse ao Auditorio de Rianxo, agora veñen a presentar o seu novo traballo Tronzar os valos. As entradas teñen un custe de 15 € e anticipada 12 €, e poden adquirirse na Cafetería Castelao ou na Cervexería Gallaecia en Rianxo. Reserva en info@dezetapro.com. O concerto está organizado pola produtora Dezetapro coa colaboración do Concello de Rianxo. 22.30 h – Pavillón Polideportivo de Rianxo

Sábado 2 de maio

PASARELA: CASTELO DA LÚA

Celebrarase unha nova edición da Pasarela Castelo da Lúa no Pavillón Polideportivo de Rianxo, organizada pola Asociación de Empresarios de Rianxo coa colaboración do Concello.  O aforo é limitado e as entradas, cun donativo de 3 €, xa están dispoñibles no local da asociación e nos establecementos colaboradores: Neumáticos Soto, Panadería Soto, Perruquería de Cabaleiros David, Supermercados Aliprox, Carnicería O Freixo, Cervexería Gallaecia, Estanco Xacobiño e Materiais de Construción Figueira.  Sábado 2 de maio, 19.00 h – Auditorio de Rianxo

CONCERTOS COROS VASCOS

Rianxo acollerá un concerto moi especial o 2 de maio a cargo de tres coros vascos.  A Coral Xumela e a Coral Monte Txio de Zarauz e mais a Coral Olagarro, de Ondarribia, viaxan desde Euskal Herria a Galiza e chegan a Rianxo para estabelecer un irmanamento musical coa vila arousana. A actividade, organizada pola Escola de Ensino Galego Semente de Santiago de Compostela, e coa colaboración do Concello de Rianxo, completara-se con outras actividades culturais como un roteiro histórico por Compostela. En Rianxo, as corais bascas coñecerán, coa colaboración do Concello, o patrimonio cultural local nun roteiro cantado polas rúas da vila entre as 12 e as 14 h.

A Escola de Ensino Galego Semente, impulsionada pola Gentalha do Pichel, é un proxecto educativo autoxestionado, popular e sen ánimo de lucro, que ten entre os seus principios, a interculturalidade, e esta ruada polas rúas de Rianxo pretende irmandar as nosas línguas e culturas propias.

Domingo 3 de maio

CONCERTO XII ANIVERSARIO DA BANDA DA ESCOLA DE MÚSICA DE RIANXO

Os convites, máximo 2 por persoa, poden retirarse a partir das 18.00 horas no Auditorio de Rianxo. A Banda para conmemorar o seu XII aniversario deleitará ao público asistente coa interpretación de variadas pezas. Domingo 3 de maio, 16.00 h – Auditorio de Rianxo

Martes 5 de maio

XADREZ: CAMPIONATO GALEGO XADREZ RELÁMPAGO

Martes 5 de maio. 12.00 h – Auditorio de Rianxo

APERTURA DA EXPOSICIÓN AVÓS E NETOS: ELOS DA MESMA CADEA

Do 5 ao 30 de maio pode visitarse no Auditorio de Rianxo a exposición, Avós e Netos, elos da mesma cadea; organizada polo IES Félix Muriel de Rianxo.

28 de abril de 2015 | 20:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.