Prone Lugo F.S. prepara o seu adeus da tempada ante a súa afección
O Prone Lugo empezará este martes a preparar o partido do próximo sábado (18:00 horas -Pavillón Municipal) ante o DLink Zaragoza, na que será o seu último partido da tempada ante os seus afeccionados.
Os de Manolo Vázquez loitarán por lograr brindarlle unha vitoria á súa afección, algo que se lles resistiu durante toda a tempada. Para esta cita o preparador lucense confía en seguir recuperando efectivos, como poderían ser os casos de Óscar Iglesias ou Rubén Mouriz.
Así se desenvolverá o traballo semanal:
Martes 14:
10:30 horas: Sesión Específica de porteiros (Municipal)
19:00 horas: Sesión Técnico-Táctica (Municipal)
Mércores 15:
19:00 horas: Sesión Técnico-Táctica (Municipal)
Venres 17:
10:00 horas: Sesión Vídeo (Municipal)
10:30 horas: Sesión Técnico-Táctica (Municipal)
Sábado 18:
18:00 horas: Prone Lugo F.S. – DLink Zaragoza
Domingo 19:
Descanso











