Prezos reducidos na visita do Málaga CF a Vigo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+

Tras ofrecer unha espectacular imaxe o pasado domingo ante o Real Madrid, o RC Celta volve xogar en Balaídos este mércores noutro partido que promete espectáculo e máxima emoción. O Málaga CF chega a Vigo con 47 puntos, 5 máis que os celestes, e clasificados na sétima praza da táboa, unha posición que si se dan as circunstancias podería dar acceso a participar en competición europea a próxima tempada.

Con todos estes alicientes, o club vigués estableceu uns prezos económicos para esta xornada con entradas a 15€ para as bancadas de Gol e Marcador, prezo que se reduce a tan só 10€ no caso dos afeccionados Sub-25. Os billetes para Tribuna teñen un custo de 40€, tamén inferior ao habitual.

As entradas poden adquirirse este luns e martes de 10 a 14 e de 17 a 20h na oficina de abonados ou o mércores no mesmo horario nos despachos de billetes do estadio. A plataforma online www.celtavigo.org/taquillaCelta está operativa as 24 horas para adquirir entradas de categoría ADULTO.

27 de abril de 2015 | 19:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.