Presentación dos equipos da base do Santiago Futsal este venres no descanso do encontro con CFS Peñíscola

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

Se hai un compromiso firme que o Santiago Futsal defende como valor fundamental do club ese é o valor da canteira. Unha canteira que esta tempada está formada por 17 equipos, con xogadores e xogadoras desde os 3 e 4 anos; dous equipos femininos en liga local e ata os veteranos do club do equipo filial Santiago Futsal B. Todos eles serán protagonistas o venres, no descanso do encontro do primeiro equipo ante Peñíscola Adegas Dunviro (21h), na presentación oficial da base do Santiago Futsal.

Un a un, cada equipo do Santiago Futsal sairá á pista do Multiusos para facerse a foto oficial ante a afección e os medios de comunicación, e para que todos os asistentes ao partido poidan coñecer aos pequenos guerreiros e guerreiras do club branco.

Co encontro ante Peñíscola Adegas Dunviro e a presentación da base do Santiago Futsal, darase por concluída a tempada do Santiago Futsal en casa, xa que a última xornada visitará a Palma Futsal en Mallorca. Unha tempada que foi todo un éxito para os de Santi Valladares, que asinaron a permanencia por duodécima tempada consecutiva en Primeira División a falta de seis xornadas para finalizar a competición e que manteñen a meta de acabar en 10ª posición, obxectivo do que só distan 2 puntos.

14 de abril de 2015 | 13:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.