Posta en marcha as obras de mellora do pavimento en rúas do casco urbano da Laracha

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Laracha
A-
A+
Pavimentación da rúa Cuartel

Pavimentación da rúa Cuartel

O Concello da Laracha iniciou esta semana unha serie de actuacións dirixidas a mellorar as condicións do pavimento en diferentes rúas do casco urbano da capital municipal, labores que se están levando a cabo nestas datas aproveitando as condicións climáticas favorables.

As obras, que executa a empresa Construcciones López Cao, comezaron na rúa Cuartel e tamén no punto de confluencia da Avenida Fisterra coa rúa Manuel Antonio Barreiro Barbeito (actuouse sobre o paso para peóns). En ambos casos realizouse o fresado nas áreas máis deterioradas e estendeuse unha capa de aglomerado asfáltico en quente para garantir a cómoda circulación dos vehículos.

A continuación está previsto desenvolver uns traballos de similares características nas rúas Plácido Pedreira e Ferreira Penedo. Por último, o proxecto que afectará á terceira travesía Doutor López Astray contempla a renovación do pavimento e tamén a mellora na rede de recollida de pluviais.

O Concello da Laracha financia integramente estas obras, que suporán un investimento duns 75.000 euros, partida que xa foi contemplada nos orzamentos xerais para o exercicio económico en curso.

14 de abril de 2015 | 17:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.