Pontevedra acollerá esta fin de semana o xurado do Premio da Crítica 2014
Dende mañá Pontevedra será o epicentro da literatura do Estado dado que na fin de seman se darán cita na cidade os críticos que integran o Xurado do Premio da Crítica para dar a coñecer este prestixioso galadrón de ámbito estatal. O Concello de Pontevedra aproveita a reunión do xurado, para elaborar un programa de actos previos á reunión e resolución do xurado.
Estes actos previos, abertos ao público son:
• Martes, 14 de abril
o 19.30 horas. Casa das Campás. Mesa redonda sobre “Diálogo sobre a crítica literaria hoxe en Galicia”. Participan:
– Isabel Mociño, secretaria da Asociación Galega da Crítica
– Ramón Nicolás, crítico de La Voz de Galicia
– María Xesús Nogueira, presidenta da Asociación Galega da Crítica
– Coordina: Olivia Rodríguez González, vogal crítica galega na AECL (Asociación Española de Críticos Literarios).
• Mércores, 15 de abril
> 19.00 horas. Casa das Campás. Presentación do libro Pontevedra, Laranxeiras e Limoeiros. Ana Acuña, Víctor Freixanes e Olivia Rodríguez.
> 19.30 horas. Casa das Campás. Conferencia “Humanismo e crítica literaria. O premio da Crítica” a cargo de Ángel Basanta, profesor, crítico literario e presidente da AECL.
A chegada dos membros do xurado do Premio da Crítica 2014 chegarán a Pontevedra o xoves, 16 de abril, e permanecerán na cidade até o sábado, cando está previsto dar a coñecer a resolución do xurado. O programa de actos é o seguinte:
• Xoves, 16 de abril
> 20.30 horas. Recepción oficial no Pazo de Mugartegui.
• Venres, 17 de abril
> Roteiro cultural pola cidade de Pontevedra, ofrenda floral ante a tumba do trovador Paio Gómez Chariño.
> 16.30 – 21.00 horas. Reunión do xurado nas salas de Afundación.
– 16.30-17.30 horas. Reunión plenaria da AECL. Sala do Consello
– 17.30-21.00 horas. Xurado de narrativa (Sala do Consello) / Xurado de poesía (Sala de reunións).
• Sábado, 18 de abril
> 09.30-11.30 horas. Reunión plenaria do xurado. Sala do Consello de Afundación.
> 12.00 horas. Comparecencia pública no Café Moderno. Integran o xurado do Premio da Crítica 2014:
1. Xunta diretiva:
• Ángel Basanta (Presidente, El Cultural de El Mundo)
• Fernando Valls (Vicepresidente en Barcelona, Babelia, El País)
• Javier Goñi (Vicepresidente en Madrid, Fundación Juan March)
• Pilar Castro (Tesoureira, El Cultural de El Mundo)
• Enrique Turpin (Secretario, La Vanguardia)
• Araceli Iravedra (Vicesecretaria en funciones, Universidad de Oviedo)
2. Polos medios de comunicación:
• Francisco Díaz de Castro ( Diario de Mallorca)
• Ángeles Encinar ( Ínsula)
• José Luis Martín Nogales ( Diario de Navarra)
• José Antonio Ponte Far ( La Tabla Redonda)
• José María Pozuelo Yvancos ( ABC Cultural, ABC)
• Olivia Rodríguez González ( Grial)
3. Por sorteo ante Notario:
• Xelo Candel (Universidad de Valencia)
• Juan José Lanz ( Cuadernos Hispanoamericanos)
• Fernando Martínez Laínez ( La Jungla de Asfalto)
• Julia Uceda (Premio Nacional de Poesía)
• Tomás Val ( Mercurio)
• José Jurado Morales (Universidad de Cádiz)
4. Por las literaturas en lingua catalana, galega e vasca
• Lluïsa Julià (Associació d´Escriptors en Llengua Catalana)
• Ramón Nicolás ( La Voz de Galicia)
• Javier Rojo (Universidad del País Vasco)











