publicidade hoxe

Ponte Caldelas convértese esta fin de semana na capital galega do dominó

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+

Máis de medio centenar de parellas de toda Galicia danse cita este sábado 25 de abril en Ponte Caldelas para disputar o VI Torneo Open de Dominó Concello de Ponte Caldelas que organiza a A.C.R. Verdugo e a Federación Galega de Dominou e que acolle a Discoteca Mica.

O torneo dispútase na modalidade de parellas e por equipos sendo, na primeira das categorías, o primeiro premio 200 euros e trofeo para os gañadores; os segundos clasificados recibirán 100 euros e un trofeo; os terceiros, 70 euros e un trofeo. En canto á clasificación por equipos, o primeiro levará 300 euros, o segundo 200 e o terceiro, 100 euros, respectivamente.

O torneo dispútase polo sistema de primeira rolda a sorteo e os seis seguintes polo coñecido como sistema suízo, coa regulamentación vixente da Federación Española de Dominó, que establece un tempo máximo de duración de 55 minutos ou 350 puntos.

Pola mañá, a partir das once, as parellas inscritas participantes disputaron 3 roldas, ata as 14 horas momento no que se fixo un receso no campionato para gozar dunha comida de confraternidade entre todos os asistentes, en Churrasquería A Fonte, de Ponte Caldelas. A partir das 16:10 horas renovouse o torneo coa disputa doutras catro roldas que teñen previsto finalizar sobre as 20 horas.

O Comité de Honra do torneo está presidido polo alcalde, Perfecto Rodríguez, e o organizador por José Benito Lorenzo Lois (Richard) e Rafael Villariño Garrido, da A.C.R. Verdugo e as partidas serán disputadas en aberto o que significa que o público que así o desexe pode achegarse ata a Discoteca Maci e contemplar as partidas, mantendo un silencio absoluto e as elementais normas de civismo e educación que cabe esperar nun evento destas características.

23 de abril de 2015 | 20:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.