publicidade hoxe

Ponte Caldelas celebra o pleno do sorteo de membros das mesas electorais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+

O Concello de Ponte Caldelas celebrou esta mañá o pleno para o sorteo das persoas que formarán as mesas electorais nas eleccións municipais que se celebrarán o 24 de maio. O sorteo realizouse por ordenador como é obrigatorio desde hai anos, a través dun programa informático. Agora os que resultaron elixidos nas mesas recibirán as notificacións e poderán facer alegacións ante a Xunta Electoral se concorren algunha circunstancia persoal que lles impide formar parte das mesas. Esas circunstancias están taxadas por Lei.

28 de abril de 2015 | 18:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.