publicidade hoxe

Ponte Caldelas acondicionará un patio exterior cuberto no colexio da Reigosa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+

O alcalde de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez informou que ao finalizar o curso habilitarase un patio exterior cuberto no recinto do Colexio da Reigosa, co obxectivo de que os alumnos dese centro teñan un lugar cuberto no recinto para abrigarse e realizar actividades os días de choiva.

O patio farase na parte traseira do colexio conectado co ximnasio. Precisamente o actual local destinado a ximnasio era anteriormente un pequeno patio cuberto exterior, que hai anos pechouse e acondicionou como ximnasio polo Concello a petición do Consello Escolar daquela época, porque o centro carecía de ximnasio para as actividades de educación física.

Agora faise necesario tamén acondicionar un patio exterior cuberto e o Concello expuxo acondicionar un espazo a continuación do ximnasio que terá unhas dimensións aproximadas de 110 metros cadrados (16 x 7 metros) e realizarase cunha cuberta metálica.

A idea do Concello é realizar esta obra ao finalizar o curso, para non causar molestias en período escolar e que estea listo para o curso 2015-2016. Financiaríase con fondos propios do Concello, aproveitando a man de obra do persoal municipal, e é unha das actuacións que o alcalde incorporou ao protocolo de colaboración asinado a pasada semana ante o conselleiro de Educación, o presidente da Deputación e os alcaldes da provincia.

6 de abril de 2015 | 17:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.