publicidade hoxe

Poio avanza o programa para a Festa do Mar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPoio
A-
A+

A Concellaría de Turismo do Concello de Poio informa sobre o programa que se levará a cabo durante a próxima Festa do Mar que este ano 2015 celebrará a súa XV edición nos días comprendidos entre o 19 e o 23 de agosto. Nestes momentos, a Concellería de Turismo está traballando no programa dun dos eventos festivos máis importantes e máis esperados do verán no noso municipio.

A Concellería de Turismo xa ten confirmadas algunhas das actuacións que amenizarán as noites festivas en Combarro, de tódolos xeitos, quedan aínda concertos e actividades que pechar no programa previsto para esta XV edición.

A Concellería de Turismo quere dar un adianto en canto ós eventos que xa está confirmados para eses días entre os que destacan a Concentración de Embarcacións Tradicionais (do 21 ó 23 de agosto), que este ano celebrará a súa XX edición.

En canto ós concertos que xa están confirmados podemos destacar as actuacións de Carlos Baute na noite do 20 de agosto, O Festival Armadiña Rock que se celebrará o 21 de agosto e no que participarán diversas bandas de Rock.

O 22 de agosto actuará en Combarro o grupo América e o domingo 23 de agosto actuará o grupo canario The Boys Machine. Aínda así, a Concellería de Turismo está a espera de pechar máis actuacións e eventos dentro do programa da Festa do Mar.

Dende a Concellería de Turismo queremos destacar a importancia dunha festa que xa leva quince anos celebrándose en Combarro apostando pola tradición, a música e a gastronomía como os pratos máis fortes do evento festivo.

16 de abril de 2015 | 18:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.