Pan! Pan! represéntase en Boiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiro
A-
A+

O venres 10 de abril, ás 21:00 h. a  Panadaría representará Pan! Pan! na Casa da Cultura Ramón Martínez López. Destinado a todos os públicos, preferentemente maiores de 10 anos, a actividade está organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Boiro e Agadic

SINOPSE:

Pan! Pan! A panadaría é unha parodia, con música vocal en directo, dos westerns americanos.

Un espectáculo novo, fresco e diferente, conta a historia de Harry, un cowboy que viaxa de Mississippi a Arkansas perseguindo a un indio salvaxe que robou á súa muller, da que está profundamente namorado.

En escena, tres actrices constrúen oito personaxes, 5 espazos e toda a música do espectáculo axudadas só por unha bandeira do EEUU.

A comedia fai unha caricatura dese mundo sen lei dos ranchos vaqueiros, as fedorentas cantinas e dos desertos cheo de perigos. Como nunha película do Far West, habera whisky, balas e country.

Amor e venganza a partes iguais.

7 de abril de 2015 | 19:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.