Ourense acolle o 27 de xuño o festival Derramerock
Esta mañá o Salón de Plenos municipal acolleu a presentación da XX Edición do Festival Derramerock, que terá lugar o 27 de xuño na explanada de Expourense. Baixo o lema El fin de una época, poderemos escoitar aos Suaves, medalla de ouro e sobre todo orgullo da cidade. Será o único concerto na cidade da xira La música termina, polo tanto, unha das últimas oportunidades para gozar coa nosa lexendaria banda, que puxo voz e letra a toda unha época e a moitas xeracións.
Xunto a eles, estarán clásicos do rock estatal como Rosendo, Siniestro Total ou Burning, acompañados de bandas emerxentes locais coma Bergallazo e Contra as cordas. Este elenco compón un cartel de luxo para a semana das festas de Ourense, cubrindo un importante campo da programación cultural nesas datas.











