Os xóvenes desempregados poden realizar cursos de repostería e fotografía avanzada en Vilagarcía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A Concellería de Xuventude pon en marcha no mes de xuño dúas novas accións formativas destinadas principalmente a mozos e mozas en situación de desemprego. As actividades programadas nesta ocasión con un curso de repostería e outro de Fotografía de nivel avanzado. Ámbalas dúas actividades son gratuítas e os interesados poderán inscribirse do 4 ao 13 de maio no Concello.

Os cursos de Repostería e de Fotografía de nivel avanzado impártense a través do Programa Actívate da Deputación Provincial. A Concellería de Xuventude xa organizou accións formativas deste programa en edicións anteriores con un elevado éxito de participación de cun grao de satisfacción moi alto por parte dos alumnos asistentes. A elección dos cursos fíxose tendo en conta a demanda e intereses manifestados por mozos e mozas do municipio.

Os criterios de participación no cursos son os mesmos nos dous casos. Están dirixidos a mozos e mozas de entre 16 e 35 anos, empadroados en Vilagarcía. Terán prioridade de participación as persoas en situación de desemprego. Para cada curso of´ertánse 25 prazas.

As clases impartiranse do 16 ao 29 de xuño de uns a venres en horario de 9 a 13 horas. O curso de Repostería celebrarase na Casa de Cultura de Trabanca Badiña, dotado de cociña; mentres que o de Fotografía terá como sede o Seminario número 1 do Auditorio.

Os interesados deben presentar a solicitude de ingreso entre o 4 e o 12 de maio no rexistro xeral do Concello. O formulario de inscrición pódese imprimir a través do taboleiro de anuncios da web municipal www.vilagarcia.es, a través da web da Deputación ou recoller nas OMIX de Vilagarcía. A solicitude, debidamente cuberta, debe acompañarse de copia do DNI.

Temarios

Co curso de Repostería darase continuidade aos dous obradoiros anteriores de cociña. A finalidade da acción é que os alumnos aprendan a elaborar diferentes tipos de sobremesas, pero non se limita exclusivamente a iso. Dado que os cursos pretenden proporcionar coñecementos que permitan aos alumnos acceder ao mercado laboral, tamén se lles explicarán as normas básicas de hixiene e seguridade alimentaria e se lles adestrará nas destrezas necesarias para elaborar sobremesas, así como en técnicas de presentación e decoración, moi valoradas tamén na hostalería.

O curso de Fotografía será de nivel avanzado, polo que is alumnos que xa deben ter uns coñecementos básicos, afondarán en estudos de composición, iluminación e as súas aplicacións á hora de fotografar retratos, paisaxes ou realizar efectos nocturnos. Ademais, a actividade servirá para que aprendan a aplicar os coñecementos adquiridos de forma creativa. Os alumnos deben levar a súa propia cámara fotográfica.

30 de abril de 2015 | 12:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.