Os usuarios do aeroporto de Lavacolla medraron un 7,7% no primeiro trimeste de 2015

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSantiago de Compostela
A-
A+
Europa Press

Os usuarios do aeroporto compostelano de Lavacolla creceron un 7,7 por cento no primeiro trimestre de 2015, con relación ao mesmo período do ano anterior, superando os 404.000 pasaxeiros. Segundo os datos feitos públicos este luns por Aena, en marzo o número de usuarios do aeródromo compostelano aumentou un 10,3 por cento e superáronse os 157.000 pasaxeiros.

Así, do total de pasaxeiros que utilizaron voos comerciais, a maior parte, 131.924, empregaron liñas nacionais -un 10,2 por cento máis-, mentres que 25.406 realizaron traxectos internacionais -un 15,2 por cento máis-.

En canto ás operacións, Lavacolla rexistrou en marzo 1.504 voos -un 7,6 por cento máis que o ano anterior-, dos cales 1.330 foron comerciais -1.104 nacionais e 226 internacionais-.

O tráfico de mercadorías no aeroporto de Santiago tamén creceu un 12 por cento no terceiro mes de ano, no que Lavacolla moveu 188 toneladas de carga.

13 de abril de 2015 | 13:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.