Os pasteleiros ourensáns recadan 3.835 euros para a AECC

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurenseOurense
A-
A+
Entrega do cheque

Entrega do cheque

En total foron 3.835 euros os que esta mañá o presidente dos pasteleiros ourensáns, Martín Sousa, entregaba á súa homóloga na Asociación contra o Cancro, Dora Gómez, recadados coa venda da Galleta Solidaria. Os representantes destas asociacións mostráronse moi satisfeitos coa cantidade recadada nesta segunda edición, que se incrementou nuns 800 euros máis con respecto ao ano anterior. Martín Sousa destacou o esforzo das pastelarías asociadas da provincia por elaborar as galletas con este fin solidario, mentres que Dora Gómez agradeceulles, unha vez máis, a súa implicación nesta “simpática e doce iniciativa, pois esta cantidade supón unha achega moi importante de fondos para que a asociación leve a cabo parte do seu labor de axuda a enfermos e familiares”. En total foron 15 pastelarías da provincia as que colaboraron desinteresadamente na elaboración desta galleta, que se vendeu ao prezo simbólico dun euro o pasado 7 de marzo na rúa do Paseo, para sumarse así á loita contra o cancro infantil.

13 de abril de 2015 | 18:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.