Os fexteiros teñen unha cita o domingo pola tarde co Mago Cali

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

Os cativos, pero tamén os máis entraditos en anos poderán pasdar unha tarde máxica o domingo en Fexdega grazas ao novo espectáculo organizado pola Concellería de Xuventude a través do programa Fexteiros. Nesta ocasión, o encargado de deixar coa boca aberta ao público serás o Mago Cali que ofrecerá os seus mellares trucos na actuación que comezará ás seis da tarde. A entrada é libre e de balde.

Como se vén facendio nas últimas semanas e sempre que as condicións meteorológicas o permitan, a actuación celebrarase na zona exterior de Fexdega, ao aire libre. Se nón, o espectáculo pasará para a zona da cafetería do pavillón multiusos.

O Mago Cali ofrecerá un divertido espectáculo de maxia e animación no que o público interactuará colaborando na realización dalgún dos seus trucos e xogos de maxia.

A programación dos Fexteiros desenvolverase ata o mes de maio. Despois da actuación desta fin de semana, aínda se celebrarán dúas máis: unha de títeres e de animación á lectura e outra de animación infantil. Serán as tardes dos domingos 3 e 10 de maio.

24 de abril de 2015 | 19:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.