publicidade hoxe

Os comerciantes de Curtis celebran a III Feira Multisectorial con 60 casetas, coches clásicos, degustacións e cabalos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCurtis
A-
A+

A Asociación de Comerciantes de Curtis, en colaboración co Concello, celebrará este fin de semana, días 2 e 3 de maio, no Recinto Feiral de Curtis, o seu III Feira Multisectorial, na que participarán ao redor de sesenta postos. Este ano inclúe bastantes novidades dirixidas a todas as idades como a degustación gratuíta da empanada de grelos e queixo elaborada para a ocasión ou o desfile de coches clásicos, que se sumarán a outras actividades como a Ruta Cabalar co fin de pór en valor e promocionar o comercio local da zona.

A Feira dará comezo ás 12 da mañá do sábado, con fogos artificiais e os pasarrúas da agrupación Faragullas de Teixeiro, e a charanga Airjalisia de Marín. Será a partir das 12.30 horas cando os visitantes poderán gozar do desfile de vehículos clásicos polas rúas de pobo. Pola tarde haberá máis música con Batucada, Tunantes da Raia e a Asociación A Carballeira. Ao longo do día organizaranse xogos para os nenos, e este ano instalarase unha pulpeira, que repetirá o domingo.

O domingo a xornada festiva dará comezo ás 10 da mañá, tamén con música, e a partir das 12.00 horas poderase gozar da degustación gratuíta de pan con queixo e de empanada de grelos con queixo de Curtis, que elaboraron para a ocasión os panadeiros curtienses. A Ruta Cabalar volverase a organiza este ano, a partir das 16.30 horas.

O peche da Feira Multisectorial tamén vén con novidades porque se entregarán trofeos á caseta máis orixinal de cada nave, ao mellor cabalo, ao mellor exemplar bovino e porcino, e á mellor máquina.

29 de abril de 2015 | 18:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.