Os CEIP de Verducido e Marcos da Portela farán o roteiro dos Bolechas
Mañá venres día 10 de abril, farán o roteiro dos Bolechas dous centros de Pontevedra: o CEP Marcos da Portela e a EEI de Verducido. Os primeiros serán 21 alumnos/as de 1º curso de educación primaria do CEP Marcos da Portela, que sairán da praza da Ferraría ás 10 horas. Os segundo grupo, de 29 alumnos/as de educación infantil e primaria da EEI de Verducido, sairán da mesma praza ás 12 horas.
O Concello de Pontevedra, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, segue a ofrecer o roteiro dos Bolechas para dinamizar o uso da lingua entre nenos e nenas de 1 a 7 anos. Con esta excursión pola zona antiga de Pontevedra os máis pequenos farán un percorrido guiado polo centro histórico da cidade. Por medio de xogos cos Bolechas, os personaxes creados por Pepe Carreiro, a actividade busca ligar o uso do noso idioma cos espazos urbanos da cidade e dinamizar os usos orais da lingua galega no ámbito urbano.
Por mor da climatoloxía adversa, ou por outras circunstancias, esta visita podería sufrir modificacións. De ser así, procuraremos mantelos informados.











