publicidade hoxe

‘Os Bolechas’ chegan coa súa caravana a Verín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

O vindeiro luns 13 de abril, a caravana de ‘Os Bolechas’ estará na praza García Barbón de Verín dentro da proposta de dinamización para o público infantil Os Bolechas van a Ourense, que percorre ao longo dos próximos días nove municipios da provincia de Ourense, entre os que se atopa a vila de Verín.

O conto Os Bolechas van a Ourense narra as aventuras dos irmáns no aniversario da súa curmá, Ying. Cando están todos na mesa para soprar as candeas, Ying recorda que ten moitos/as amigos/as e quere que estean na súa festa, así que marcha a buscalos nun autobús de dous pisos co que percorre toda a provincia recollendo os amigos, que a agasallan con produtos típicos das súas zonas. A visita a Verín terá lugar este luns no seguinte horario: de 12.30 a 14.30 e de 16.30 a 20.30 horas.

Os/As menores que se acheguen á caravana de ‘Os Bolechas’ poderán participar en actividades totalmente gratuítas como obradoiros de debuxo ata ludoteca con xogos para divertirse e aprender cos Bolechas, así como material para manualidades, libros e ordenadores onde acceder a xogos e actividades. Tamén estará dispoñible o karaoke e a sala de cine do autobús, dotada con todo o necesario para ver Os Bolechas

Ademais do conto e das actividades, todos os que se acheguen ao autobús recibirán como agasallo o libro Os Bolechas van a Ourense e entrarán no sorteo de libros e material dos Bolechas; e por suposto, poderán saudar aos seis irmáns creados por Pepe Carreiro.

8 de abril de 2015 | 17:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.